as protestas laborais colapsan o vertedoiro de Nostián
Publicado por alfamads en Abril 1, 2008
Os traballadores convocan unha folga indefinida o día 12 para lograr un novo convenio. A planta non está reciclando e o lixo envíase a Sogama
O comité de empresa que ten a concesión da planta de reciclaxe de residuos de Nostián, iniciou onte unha serie de mobilizacións na cidade herculina previas a unha folga xeral prevista a partir da medianoite do próximo sábado día 12 de abril. Os representantes laborais queren que a empresa sente a negociar un novo convenio colectivo que mellore non só as actuais condicións salariais (700 euros mensuais), senón as de seguridade laboral. “Houbo catro mortes nos oito anos de existencia da planta e varios accidentes graves como o do pasado día 8″. Desde que os traballadores non aceptaron facer horas extras non se está reciclando o lixo e esta é levada a Sogama.