Galicia medio ambiente

información e opinións sobre o medio ambiente do noso país

Archive for marzo 2008

fotografias vertedero ilegal Sogama

Posted by alfamads en marzo 31, 2008

Posted in vertidos Sogama | Leave a Comment »

A Xunta enterra medicamentos e resíduos sanitarios no vertedoiro da Areosa

Posted by alfamads en marzo 31, 2008

“A Consellería de Medio Ambiente converteuse no principal problema para os recursos naturais de Galicia”, afirma Jaime CastiñeiraSantiago, 31 de marzo de 2008.-  O vertedoiro ilegal habilitado pola Consellería de Medio Ambiente e por Sogama no monte da Areosa, no concello coruñés de Cerceda, tamén está a recibir medicamentos e residuos sanitarios, vulnerando a lexislación que esixe un tratamento diferenciado para evitar calquera risco derivado dun almacenamento ou manipulación inadecuada.O PPdeG denuncia que a Xunta non só esta a verter residuos sólidos urbanos procedentes de toda Galicia sen ningún tipo de selección nin tratamento previo no vertedoiro da Areosa, senón que entre eses centos de toneladas de lixo que se enterran diariamente tamén se inclúen medicamentos e outros residuos sanitarios, como pode comprobarse nas fotografías distribuídas hoxe.Jaime Castiñeira, voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular, considera que cos vertidos ilegais que a Xunta está a efectuar na Areosa, como consecuencia de tres anos sen adoptar medida algunha para frear o incremento da xeración de residuos nin habilitar alternativas que complementen á saturada planta de Sogama, a Xunta de Galicia superou un punto de non retorno en materia ambiental.

SEN MODELO TRES ANOS DESPOIS DO CAMBIO DE GOBERNO

Volver utilizar un basureiro –que agora o Goberno trata de autorizar cunha licenza de apertura, cando xa levan varios meses amoreando alí centos de toneladas cada día- revela que o PSOE carece de modelo para o tratamento dos residuos sólidos urbanos.
 
A CONSELLERÍA, O PRINCIPAL INIMIGO DO MEDIO AMBIENTE

“Nos tres anos transcorridos desde o cambio de Goberno operado en Galicia, a propia Consellería de Medio Ambiente converteuse no principal problema para a conservación do entorno e dos recursos naturais da Comunidade Autónoma”, afirmou Jaime Castiñeira.

En menos de tres anos, a Consellería de Medio Ambiente converteuse en responsable, por omisión, de catástrofes ambientais de tanta magnitude como os incendios forestais do verán de 2006  (se ben o dispositivo de extinción corresponde a Medio Rural, Medio Ambiente non adoptou medida algunha para evitar os afectos do lume e as enchentes posteriores sobre os escosistemas sobre os que ten competencias); do episodio de contaminación do río Umia provocado polo incendio rexistrado na empresa química Brenntag, situada en Caldas de Reis, e no que a Xunta segue sen materializar os compromisos adquiridos a raíz do suceso; do desastre ecolóxico do encoro de Fervenza, polo que están imputados dous altos cargos de Medio Ambiente, que declararán no xulgado o vindeiro 7 de abril; e, xa agora, o vertedoiro ilegal habilitado pola Xunta nun monte de Cerceda mentres pretende tramitar unha autorización ambiental irregular.

CESE INMEDIATO DOS VERTIDOS

O deputado popular rexistrou no Parlamento unha proposición non de lei na que reclama a inmediata paralización dos vertidos ilegais dos centos do toneladas diarias de residuos sólidos urbanos procedentes de toda Galicia que se están a realizar ilegalmente, sen autorización de ningún tipo e contravindo a normativa en vigor, no monte da Areosa, en Cerceda.

Nunha rolda de prensa celebrada hoxe, Jaime Castiñeira tamén lamentou o descoñecemento amosado por Pérez Touriño nas declaracións nas que tratou de restar importancia á denuncia pública efectuada polo Grupo Popular o pasado xoves.

O PPdeG insta á Consellería de Medio Ambiente e cesar inmediatamente o almacenamento ilegal de resíduos sólidos urbanos mentres non se corrixa a situación do vertedoiro da Areosa que, a día de hoxe, é absolutamente ilegal na medida en que atenta claramente contra a normativa galega e estatal, pero tamén contra as directivas europeas, que prohiben este tipo de vertidos e obrigan, polo menos, a efectuar unha separación previa dos residuos.

COCHE E DESPACHO DE LUXO, PRIORIDADES DO PRESIDENTE DE SOGAMA

Logo das declaracións efectuadas nos últimos días por diferentes responsables políticos da Xunta, o PPdeG coincide co PSOE en que co bipartito se produciu un cambio na xestión e nas prioridades dos novos responsables de Sogama.

En efecto, o anterior presidente de Sogama dispoñía dun vehículo normal, cun condutor ocasional, mentres que unha das primeiras medidas que adoptou o actual presidente da empresa consistiu en adquirir un coche de “alta gama” e xestionar a asignación de dous condutores oficiais.

Na mesma liña, destaca a decisión da actual dirección de Sogama de trasladar a sede, situada actualmente a carón da planta de tratamento situada en Morzós (Encrobas, Cerceda) a unha instalacións luxosass situadas en Santiago de Compostela. “¿Acaso ao actual presidente da empresa lle molesta o ruido ou o cheiro?”, pregunta Jaime Castiñeira.

http://www.ppdegalicia.com/index.php?option=com_content&task=view&id=138&Itemid=93

Posted in SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente, vertidos Sogama | Leave a Comment »

toma de aguas segun la técnica ‘arremangamiento’

Posted by alfamads en marzo 31, 2008

fotografía de técnico da consellería de medio ambiente, remangado, tomando unha mostra a man da auga de abastecemento de Malpica para detectar microcontaminantes orgánicos (que se detectan en partes por millón ou menores); non haberá tomamostras, pero iso si en comitiva do secretario xeral, dous directores xerais e un delegado provincial…

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/03/30/0003_6691367.htm

Posted in abastecimiento Malpica, NOVAS FOTOGRÁFICAS | Leave a Comment »

Herald Toupeiras

Posted by alfamads en marzo 30, 2008

HERALD TOUPEIRAS

http://www.toupeiras.blogspot.com/

Posted in REVISTAS E LIBROS, WEBS-BLOGS-FOROS | Leave a Comment »

Medio ambiente e Sogama tamén entierran restos de animais en Areosa

Posted by alfamads en marzo 30, 2008

información completa en: sogama-areosa-animais-31-031

Posted in CALIDADE AMBIENTAL, SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente, vertidos Sogama | Leave a Comment »

Plataforma Galega Antitransxénicos

Posted by alfamads en marzo 30, 2008

http://www.galizasentransxenicos.org/?q=taxonomy/term/3

Posted in WEBS-BLOGS-FOROS | Leave a Comment »

a Xunta enterra medicamentos e residuos sanitarios no vertedoiro ilegal de Cerceda

Posted by alfamads en marzo 29, 2008

más información en: sogama-resposta-medio-amb-28-0311 

Posted in CALIDADE AMBIENTAL, SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente, vertidos Sogama | Leave a Comment »

Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas

Posted by alfamads en marzo 28, 2008

TRES ANOS ESPERANDO POLO CAMBIO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE NA XESTIÓN DOS RECURSOS PISCÍCOLAS  

Galicia felicita á Dirección Xeral de Conservación por decidirse a reiniciar a política da xestión piscícola que se viña desenvolvendo polo goberno anterior no seu Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas. Plan que para a súa redacción foron necesarios anos de traballo dos técnicos da Consellería, que entre outros aspectos define a ordenación piscícola en 38 cuncas fluviais onde a prioridade eran as revisións de cupos e tallas, a ampliación e diversificación da oferta de pesca, e incluso a recuperación de graveiras e canteiras en desuso con fins piscícolas.Creaba as masas de especial interese para a riqueza piscícola, definía con toda claridade todos os principais obstáculos de remonte das especies migratorias que eran necesario revisar. Por todo isto non se entende este retraso na aplicación dun plan que xa se atopaba en mans da Consellería no ano 2005.

Este é outro exemplo da paralización desta Consellería que despois de tres anos ten que retomar un plan presentado polo anterior Goberno para dicir que fai algo.

Posted in CONSERVACION DA NATUREZA, P.G.O.R. Piscicolas | Leave a Comment »

El PP denuncia un vertedero «ilegal» en Cerceda con conocimiento de la Xunta y Sogama

Posted by alfamads en marzo 28, 2008

El PP denuncia un vertedero «ilegal» en Cerceda con conocimiento de la Xunta y Sogama

Posted in ULTIMAS NOTICIAS | Leave a Comment »

fotografia vertedero ilegal Sogama

Posted by alfamads en marzo 28, 2008

Posted in vertidos Sogama | Leave a Comment »