No couto de Ombre, encadrado en pleno corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, un dos coutos máis prolixos das últimas décadas na pesca do reo, aparecían hai vinte días exemplares de reos mortos flotando nas súas augas, mentras que outro bó número deles reflectían síntomas preocupantes, con manchas de cor bermello na súa pel.
Este feito foi, nada máis ser advertido polos pescadores que acudían ó couto e polos propios veciños, denunciado e posto en coñecemento dos responsables da Consellería de Medio Ambiente, ós efectos de que se intervira de xeito inmediato e se buscaran as pertinentes solucións ó problema detectado. Os pescadores argumentaban, que o número de exemplares danados era xa moi preocupante, e que había que actuar de xeito rápido, en tanto que nesta época do ano é cando os reos remontan ó río provintes do mar para realizar o desove.
Sen embargo, e a pesares da gravidade da situación, as autoridades ambientais non levaron a cabo ningunha actuación, encamiñada a esclarecer os feitos, e, en consecuencia, a adoptar as medidas necesarias para solventar o problema. A situación, a medida que transcurría o tempo foi empeorando, e o 22 de xuño, os pescadores realizaban unha concentración no couto de Ombre, como sinal de protesta pola ausencia de explicacións e de adopción de medidas por parte da Administración, que se limitaba a decir que están á espera de resultados.
O Concello de Pontedeume, foi o único, que nesta crise adoptou algunha medida, en tanto que preocupado pola situación ambiental, e porque ademáis o Concello ten unha captación de auga no propio río destiñada ó consumo humano, ordeu realizar uns análises que amosaron que o río presentaba uns índices moi altos de ácidez.
Por outra banda, constatouse por veciños da zona, que o río Chamoselo, afluente do Eume, ó seu paso ó carón das obras que se están a realizar no Concello de As Pontes, pola construcción da autovía Ferrol-Vilalba, promovida pola Consellería de Política Territorial, presentaba unha cor amarela, producto dos posibles arrastres das obras ó río. Esta situación, tampouco foi investigada polas autoridades ambientais, no referente a si na execución das obras por parte da Consellería de Política Territorial, foran adoptadas todas as medidas dirixidas a evitar os arrastres das obras ó río, así como si se estaban a cumplir todos os condicionantes estipulados na declaración de impacto ambiental da obra.
Cando o recordo do desastre ecolóxico na Fervenza está aínda tan recente, e á espera de depurar as responsabilidades en que a Consellería de Medio Ambiente pode ter incurrido, atopámonos con, que ante un novo desastre ecolóxico, a Consellería non da resposta, e esta situación que en calquera caso xa sería grave, adquire uns matices moito máis preocupantes, en tanto que a mortandade estase a producir nun territorio declarado como Parque Natural, e, que por tanto, debería de gozar dunha protección absoluta en canto os valores naturais que atesoura.
Hai que decir, ademáis, que o dano ambiental para o río e todo o Parque Natural, se une o dano de imaxe que se está a crear nunha época en que numerosos visitantes se achegan ó Parque, e poden contemplar como as autoridades ambientais da nosa Comunidade permanecen impasibles mentras no río agonizan os peixes.
A Consellería de Medio Ambiente, por tanto, está a amosar unha dexación total de responsabilidade, posto que non é de recibo, que tras aparecer os primeiros reos mortos hai vinte días, non amosara capacidade algunha de reacción, senón máis ben unha ausencia total de preocupación polo que está a acontecer nun entorno privilexiado.