Galicia medio ambiente

información e opinións sobre o medio ambiente do noso país

Archive for the ‘P.G.O.R. Piscicolas’ Category

Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas

Posted by alfamads en marzo 28, 2008

TRES ANOS ESPERANDO POLO CAMBIO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE NA XESTIÓN DOS RECURSOS PISCÍCOLAS  

Galicia felicita á Dirección Xeral de Conservación por decidirse a reiniciar a política da xestión piscícola que se viña desenvolvendo polo goberno anterior no seu Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas. Plan que para a súa redacción foron necesarios anos de traballo dos técnicos da Consellería, que entre outros aspectos define a ordenación piscícola en 38 cuncas fluviais onde a prioridade eran as revisións de cupos e tallas, a ampliación e diversificación da oferta de pesca, e incluso a recuperación de graveiras e canteiras en desuso con fins piscícolas.Creaba as masas de especial interese para a riqueza piscícola, definía con toda claridade todos os principais obstáculos de remonte das especies migratorias que eran necesario revisar. Por todo isto non se entende este retraso na aplicación dun plan que xa se atopaba en mans da Consellería no ano 2005.

Este é outro exemplo da paralización desta Consellería que despois de tres anos ten que retomar un plan presentado polo anterior Goberno para dicir que fai algo.

Posted in CONSERVACION DA NATUREZA, P.G.O.R. Piscicolas | Leave a Comment »