Galicia medio ambiente

información e opinións sobre o medio ambiente do noso país

Posts Tagged ‘medicamentos’

O PPdeG ESIXE AO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE QUE EXPLIQUE ONDE DEPOSITA OS MEDICAMENTOS QUE ENTERRABA ILEGALMENTE NA AREOSA

Posted by alfamads en febrero 2, 2009

A condición de mentireiro patolóxico de Manuel Vázquez levou ao conselleiro a negar os feitos, cando o PPdeG denunciou, a pasada primavera, que na Areosa se enterraban medicamentos de xeito irregular.

foto_medicamentos

Santiago, 1 de febreiro de 2009.- O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, esixe ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, que explique de inmediato qué está a facer cos medicamentos procedentes da planta Sigre que, ata hai escasos días, acumulaba ilegalmente no vertedoiro da Areosa, despois de que a autorización ambiental integrada á que está sometido o vertedoiro desde abril do ano pasado impide realizar eses enterramentos.
 
O elevado volume dos medicamentos rexeitados polo Sigre (equivalentes á carga dun camión diario con elevada capacidade) e o perigo ambiental e de saúde pública que supoñen, leva ao PPdeG a reclamar unha explicación convincente e documentada ao conselleiro de Medio Ambiente, como máximo responsable político de canto acontece en Sogama, desde os vertidos tóxicos ao Lengüelle, ata as irregularidades económicas, como o contrato por valor de 19 millóns de euros e outorgado a dedo polo presidente da empresa pública, ata os pagamentos irregulares efectuados a Danigal por enterrar, tamén ilegalmente, o lixo procedente da Coruña.

vertedero

A tendencia da Consellería de Medio Ambiente a cometer e consentir a comisión de irregularidades, leva ao PPdeG a sospeitar que a Xunta podería estar agochando eses medicamentos ou consentindo un tratamento non axustado á normativa en vigor.

MENTIRA PATOLÓXICA

Os populares galegos reiteran que a actitude de Manuel Vázquez en Sogama constitúe un claro exemplo de mentira patolóxica e recorda que cando na pasada primavera o PPdeG denunciou que na Areosa se estaban enterrando medicamentos de xeito irregular, Manuel Vázquez negou eses feitos. Malia a contundencia das evidencias amosadas polo PPdeG –con fotografías incluídas- Manuel Vázquez non tivo reparo algún en desmentir unha por unha, a longa nómina de irregularidades que o paso do tempo está acreditando como verídicas.

VÁZQUEZ E TOURIÑO, RESPONSABLES DAS IRREGULARIDADES

As últimas declaracións de Manuel Vázquez evidencian que o conselleiro trata de distanciarse da xestión de Sogama, porque é consciente das responsabilidades patrimoniais e penais que se derivan dos feitos que van saíndo á luz.

Sen embargo, Ruiz Rivas reitera que esixirá contas por todo o sucedido, tanto ao conselleiro de Medio Ambiente, como ao propio Touriño, por non ter tomado cartas no asunto cando o PPdeG comezou a denunciar as irregularidades, hai xa preto de un ano.

Posted in CALIDADE AMBIENTAL, SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente, vertidos Sogama | Etiquetado: , , | Leave a Comment »